Estadio ABANCA-RIAZOR
Escudo Dépor

Fai medrar a túa empresa
xunto ao RC Deportivo

Forma parte do Dépor Business Club, a comunidade empresarial que reúne ás compañías máis relevantes da nosa cidade. Goza de eventos exclusivos e aproveita o potencial do Club para xerar sinerxías, fortalecer relacións e aumentar a visibilidade e o valor da túa marca.

O impulso empresarial
do espírito deportivo

O Dépor Business Club nace cun propósito claro: ser o punto de encontro onde as empresas da nosa cidade crean conexións, xeran oportunidades e medran xunto ao RC Deportivo.

Esta alianza ofrece visibilidade, prestixio e confianza, reforzando a imaxe de marca das compañías que forman parte do Club e posicionándoas fronte aos seus competidores.

A través de eventos exclusivos, experiencias únicas e o espírito dun Club histórico, as empresas participantes fortalecen a súa rede de contactos, compartindo os mesmos valores: compromiso, esforzo e paixón.

Eventos Tempada 25-26

Encontro RC Deportivo Business Club e CD Leganés en ABANCA-RIAZOR

Encontro RC Deportivo Business Club e CD Leganés en ABANCA-RIAZOR

Con motivo do partido de Liga entre o RC Deportivo e o CD Leganés, ambos clubs de empresas reuníronse en ABANCA-RIAZOR nunha xornada de networking e vivencia conxunta do partido.

Empresarios de ambas entidades gozaron dunha experiencia exclusiva: benvida institucional, percorrido polo estadio, fotomatón e palco compartido para vivir o encontro, fortalecendo lazos entre as comunidades empresariais da Coruña e Madrid.

Ver máis
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA VISITA AO DÉPOR MUSEO&TOUR

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA VISITA AO DÉPOR MUSEO&TOUR

O RC Deportivo Business Club celebrou en marzo unha visita especial ao Dépor Museo&Tour, cunha gran participación das empresas asociadas.

A xornada combinou networking, historia do Club e unha experiencia única dentro de ABANCA-RIAZOR.

Ver máis
Encontro RSG Business Club e RC Deportivo Business Club en ABANCA-RIAZOR

Encontro RSG Business Club e RC Deportivo Business Club en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo Business Club e o RSG Business Club únense nun encontro durante a xornada 4 Dépor-Sporting de Xixón no estadio ABANCA-RIAZOR.

Preto de 40 empresas de ambos clubs e máis de 60 empresarios participaron no encontro. Todos eles gozaron dun breve percorrido polo estadio, ademais dunha dinámica de presentacións entre empresas de ambas entidades.

Showcooking en Árbore da Veira

Showcooking en Árbore da Veira

O RC Deportivo Business Club quixo despedir o ano por todo o alto facendo para os seus membros unha actividade de Showcooking no restaurante Árbore da Veira.

A xornada congregou a trinta empresarios de diferentes entidades vinculadas ao Club que puideron gozar dunha tarde-noite de leccións de cociña da man do Chef Luis Veira.

VANTAXES EXCLUSIVAS

Eventos Exclusivos

Participa en encontros deseñados especificamente para xerar oportunidades de negocio entre empresas do máis alto nivel.

Visibilidade Empresarial

Aumenta o recoñecemento da túa marca asociándoa cos valores do RC Deportivo e a súa comunidade empresarial.

Experiencias VIP

Goza de accesos exclusivos, palcos VIP e experiencias únicas que só o Business Club pode ofrecer.

Sinerxías Estratéxicas

Crea alianzas duradeiras con empresas que comparten a túa visión de crecemento e excelencia empresarial.

MEMBRESÍAS

Detalle de beneficios por categoría

BRONCE
PRATA
OURO
Acceso a eventos do RC Deportivo Business Club
Acceso ilimitado (1 persoa)
Acceso ilimitado (2 persoas)
Acceso ilimitado (2 persoas)
Welcome pack
Premium
Membro oficial do Club de empresas (inclusión logo en web)
Destacado
Acceso á APP do Club de empresas
Desconto en merchandising oficial do RC Deportivo
Descontos en aluguer de espazos de hospitality para eventos corporativos
10%
10%
15%
Viaxe a un partido fóra de casa para coñecer a outro club de negocio
Dereito a xogar torneo de fútbol fin de temporada para 2 persoas
Dereito a asistir ao evento fin de temporada "Sponsor Day"
Presentación comercial propia nun evento
Entradas de grada para os partidos disputados en ABANCA-RIAZOR

DESCARGA O DOSSIER 25-26

Coñece todas as vantaxes e oportunidades que o Dépor Business Club ten para a túa empresa

Cargando Dossier...

1 / 1

A túa guía completa do Business Club

Neste dossier atoparás toda a información sobre membresías, beneficios exclusivos e como formar parte da nosa comunidade empresarial.

  • Detalle de todas as membresías
  • Beneficios e vantaxes exclusivas
  • Información de contacto e próximos pasos

GALERÍA

Galería principal

Súmate ao
Business Club

Déixanos os teus datos e o noso equipo porase en contacto contigo para explicarte como a túa marca pode formar parte do noso club de empresas.

Comeza a xerar valor e visibilidade hoxe mesmo!

EMPRESAS ASOCIADAS